
O Tranvía
Revista trimestral do Val da Louriña.
Números 0 al 11. O Porriño: 1992-1995.
O tranvía sempre foi un transporte guai e traqueteante onde coincidían os señoritos de canotier que ían correr as farras a Vigo, coas leiteiras e as vendedoras de repolos nun ambente caótico e comunicativo. Este mesmo ambente caótico e comunicativo pretende ter esta revista que agora sae a luz promovida por un grupo heteroxéneo de persoas que sinten a necesidade dunha prensa local que recolla aqueles aspectos que non teñen cabida na prensa convencional.












